sábado, 21 de marzo de 2015

Poema 10 - A noite.



MEMORIAS DUN NENO INQUEDO

Poema 10 – A noite.

- O arrecendo dos figos maduros
mesturábase co fume do tabaco,
sentado ao lado daquel avó
que o facía sentir máis home.

- O neno botaba fumaradas de aire
imaxinando un cigarro,
como o que ardía
naquelas mans calosas.

- A voz rouca relataba
aventuras que  imaxinaba,
en bosques descoñecidos
máis alá do que a mirada alcanza.

- Ao lonxe un can ladráballe á lúa,
mentres esta os iluminaba
e pintaba coas sombras,
figuras nas paredes da solaina.

- Da xanela da cociña,
saía o cantar daquel tango
"una niña cieguita... "
que sempre o facía chorar.

- Ulía a chiculate recén feito
xunto a galletas de manteiga,
e todo volveu á realidade
dos praceres antes de durmir.

RaIribarnegaray ©.
Todos os Dereitos Reservados

2 comentarios:

Muchas gracias por tu comentario.
Saludos